Ir ao contido
Organismo: Ministerio de Ciencia e Innovación (Agencia Estatal de Investigación)
Referencia: PID2023-146377NB-I00
Duración 1 Setembro, 2024 a 31 Decembro, 2027

Obxectivos:

  1. Propoñer unha modificación do modelo de financiamento autonómico desde a perspectiva do Dereito dos ingresos públicos, co que se alcance un adecuado equilibrio entre a corresponsabilidade fiscal e os principios constitucionais de xustiza tributaria e de solidariedade interterritorial.
  2. Alcanzar solucións xurídicas que permitan compatibilizar un financiamento xusto e equilibrado das Comunidades Autónomas coas esixencias do Dereito da Unión Europea en materia tributaria e orzamentaria.

Actividades científico-divulgativas desenvolvidas ao amparo do proxecto:

  • Xornada científica: “A financiación territorial e dos servizos públicos desde a perspectiva francesa e española” (Vigo, 29 de outubro de 2024).
  • Xornada de internacionalización en Dereito Tributario: “Autonomía tributaria e colaboración intergobernamental: análise comparada” (Vigo, 21 de outubro de 2025).
  • Xornada científica: “Desafíos da tributación medioambiental autonómica e local” (Vigo, 18 de decembro de 2025).

Premendo no botón accédese ao espazo de financiamento onde están os nosos proxectos no Portal Científico da Universidade de Vigo.