Ir ao contido

O grupo de investigación “CJ2-Dereito Financeiro e Tributario” desempeña a súa actividade científica nos tres Campus da Universidade de Vigo (Ourense, Pontevedra e Vigo).

Desenvolve liñas de estudo e análise xurídico que están na vangarda da ciencia tributaria (fiscalidade na era da dixitalización; garantías dos contribuintes no dereito tributario interno e internacional; controis de legalidade nos tributos de nova creación etc.).

A súa traxectoria científica ven avalada por unha dedicación constante aos problemas legais derivados dun sector moi cambiante e complexo do ordenamento xurídico, como é o Dereito Tributario. A súa vez, os resultados acadados no eido da investigación académica son obxecto de análise e contraste cos dous principais actores que interveñen na aplicación das normas tributarias: particulares e empresas, e Administracións tributarias.

Así mesmo, dedica unha especial atención ás actividades de transferencia de resultados á sociedade: emisión de informes xurídico-tributarios a petición de parte; celebración de seminarios e eventos científicos sobre novidades lexislativas no eido tributario; ou elaboración de propostas normativas de mellora do sistema tributario no contexto da Unión Europea.

Alén do anterior, o noso grupo destaca por ser pioneiro na integración da igualdade de xénero, aposta que se reflicte nunha axenda de investigación que busca corrixir as disparidades entre homes e mulleres na aplicación do Dereito. Ordenamos en catro eixes específicos esta axenda, que se poden ver no cadro.