Módulo Jean Monnet: Curso “A obtención e intercambio de información entre Estados membros da UE con finalidade antielusiva”
Datas:
21, 22, 28 e 29 de febreiro e 1 e 6 de marzo de 2024
Lugares:
Na Facultade de Dereito, en Ourense, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, en Vigo e na Facultade de Dirección e Xestión Pública, en Pontevedra.
Folleto:
Descargar [PDF, 3.8MB]
Presentación e obxectivos
O Módulo “Jean Monnet” ten como obxectivo fundamental difundir os instrumentos normativos cos que a Unión Europea afronta a nova realidade da dixitalización das actividades económicas e da globalización tanto en persoas físicas como xurídicas.
Información
A actividade formativa está dirixida non só a estudantes universitarios ou alumnos de Doutoramento cuxas titulacións aborden temas específicos da Unión Europea (Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias Políticas e da Administración, Ciencias Económicas, etc.), senón tamén a funcionarios públicos e a profesionais cuxa actividade estea directa ou indirectamente relacionada coas consecuencias xurídicas da dixitalización do sector público e, en particular, da Administración tributaria.
As persoas que asistan a este evento recibirán un diploma acreditativo sempre que asistan ao 80% das sesións e participen nas actividades docentes ou talleres que se desenvolvan. O devandito evento terá un recoñecemento de créditos ECTS (pendente de aprobación pola Comisión de Extensión Universitaria).
A actividade (20 hs.) celebrarase de forma presencial en tres aulas dos tres campus da Universidade de Vigo. O profesorado impartirá presencialmente a docencia desde unha desas aulas con conexión síncrona en remoto para todas elas. Os interesados en asistir á actividade formativa poderán acudir a calquera das tres aulas dispoñibles:
– Aula 2.3 da Facultade de Dereito (Campus de Ourense).
– Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo).
– Aula 9 da Facultade de Dirección e Xestión Pública (Campus de Pontevedra).
Máis información:
- http://monnet.tributario.webs.uvigo.es
- Facebook: Jean Monnet Tributario Vigo
- Twitter: @monnetributario
- LinkedIn: modulo jean monnet tributario vigo
- Instagram: monnettributariovigo