Conferencia “Harmonización lexislativa procedimental no ámbito da UE, cooperación administrativa e dereitos dos contribuíntes”
O Grupo de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo organizou o 21 de xuño de 2024, no marco do módulo Jean Monnet, unha conferencia de clausura sobre a harmonización lexislativa procedemental na UE, a cooperación administrativa e os dereitos dos contribuíntes.
A sesión estivo impartida polo catedrático Roberto Ignacio Fernández López, e contou coa presentación e moderación da catedrática Ana María Pita Grandal. O evento desenvolveuse de maneira presencial nos tres campus da UVigo (Vigo, Ourense e Pontevedra) así como en liña a través de Campus Remoto, cunha ampla participación de persoas asistentes.
Descargar programa facendo clic no botón