Ir ao contido

Módulo Jean Monnet: Curso de verán “Os recursos das administracións tributarias da UE na loita contra a fraude fiscal”


Datas:
Do 14 ao 20 de xuño de 2024

Lugar:
Na Facultade de Dereito, en Ourense, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, en Vigo e na Facultade de Dirección e Xestión Pública, en Pontevedra. Modalidade mixta. Presencial e a distancia.

Folleto:
Descargar (PDF, 422 KB)

Programa

Venres, 14 de xuño

16.00-18.00 h. Sesión 1. Cooperación entre Estados membros da UE e países terceiros (I)
Prof.ª Dr.ª Mónica García Freiría. Profesora axudante, doutora de Dereito Financeiro e Tributario. Universidade de Vigo

18.30-20.30 h. Sesión 2. Cooperación entre Estados membros da UE e países terceiros (II)
Prof.ª Dr.ª Mónica García Freiría. Profesora axudante, doutora de Dereito Financeiro e Tributario. Universidade de Vigo

Luns, 17 de xuño

16.00-18.00 h. Sesión 3. Ferramentas dixitais ao servizo das Administracións tributarias (I)
Prof. Dr. Juan Mosquera Pena. Xefe de Área de Inspección da Axencia Tributaria Galega e profesor asociado. Universidade de Vigo

18.30-20.30 h. Sesión 4. Ferramentas dixitais ao servizo das Administracións tributarias (II)
Prof. Dr. Juan Mosquera Pena. Xefe de Área de Inspección da Axencia Tributaria Galega e profesor asociado. Universidade de Vigo

Martes, 18 de xuño

16.00-18.00 h. Sesión 5. Contido do intercambio automático de información tributaria na UE (I)
Prof.ª Dr.ª Soraya Rodríguez Losada. Profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario. Universidade de Vigo.

18.30-20.30 h. Sesión 6. Contido do intercambio automático de información tributaria na UE (II)
Prof.ª Dr.ª Soraya Rodríguez Losada. Profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario. Universidade de Vigo.

Mércores, 19 de xuño

16.00-18.00 h. Sesión 7. Contido do intercambio automático de información tributaria na UE (III)
Prof.ª Dr.ª Carmen Ruiz Hidalgo. Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo

18.30-20.30 h. Sesión 8. Contido do intercambio automático de información tributaria na UE (IV)
Prof.ª Dr.ª Carmen Ruiz Hidalgo. Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo

Xoves, 20 de xuño

16.00-18.00 h. Sesión 9. Xurisprudencia do TXUE en materia de intercambio de información tributaria (I)
Prof.ª Dr.ª Carmen Ruiz Hidalgo. Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo

18.30-20.30 h. Sesión 10. Xurisprudencia do TXUE en materia de intercambio de información tributaria (II)
Prof. Dr. Roberto Ignacio Fernández. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario. Universidade de Vigo

As persoas que asistan a este evento recibirán un diploma acreditativo sempre que asistan ao 80% das sesións e participen nas actividades docentes ou talleres que se desenvolvan. O evento terá un recoñecemento de créditos ECTS (pendente de aprobación pola Comisión de Extensión Universitaria).

A actividade (20 hs.) celebrarase de forma presencial en tres aulas dos tres campus da Universidade de Vigo. O profesorado impartirá presencialmente a docencia desde unha desas aulas con conexión síncrona en remoto para as demais. Celebrarase en modalidade mixta: presencial e a distancia para estudantes externos a través do Campus Remoto. As persoas interesadas en asistir á actividade formativa poderán acudir a calquera das aulas dispoñibles:

– Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo)
– Sala de reunión 2 da Facultade de Dirección e Xestión Pública (Campus de Pontevedra)
– Sala de videoconferencia da Facultade de Dereito (Campus de Ourense)

http://monnet.tributario.webs.uvigo.es
Facebook: Jean Monnet Tributario Vigo
Twitter: @monnettributario
LinkedIn: modulo jean monnet tributario vigo
Instagram: @monnettributariovigo

As inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a monnet.tributario@uvigo.es antes das 23.59 horas do día 12 de xuño de 2024. No correo achegaranse os seguintes datos:

  • Nome, apelidos e  DNI da persoa solicitante.
  • Teléfono de contacto e correo electrónico.
  • Titulación universitaria (en curso ou xa concluída).
  • Indicación da aula e Facultade á que se asistirá de forma presencial, para o alumnado da UVigo (Vigo, Pontevedra ou Ourense). O alumnado externo pode
    asistir telematicamente.
  • No seu caso, profesión ou ocupación actual.

Admitiranse inscricións por orde de entrada ata completar a capacidade de cada unha das aulas nas que se imparte a docencia.