Xornada de Igualdade “A protección do ordenamento tributario ás mulleres con capacidades diferentes”
O luns 20 de outubro de 2025 celebrouse unha xornadas sobre “A protección do ordenamento tributario ás mulleres con capacidades diferentes”. O evento consistíu na proxección da película Wildflower, unha conferencia da profesora Mónica García Freiría e outra de Jaime Aneiros Pereira, ambos profesores de Dereito Financeiro e tributario na Universidade de Vigo e, posteriormente, unha mesa redonda con cinco relatores.
As persoas que asistiron polo menos ao 80% da sesión puideron recibir un diploma acreditativo de particiapación no evento. A actividade recoñécense con 0,2 créditos ECTS.
Programa
15.30 h Inauguración
Yolanda Rodríguez Castro
Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo
Carmen Ruíz Hidalgo
Catedrática de Dereito Financeiro e tributario da Universidade de Vigo
16.00-18.00 h Proxección da película Wildflower
18.00- 20.30 h Intervencións
18.00-18.30 h Os beneficios fiscais para a protección das mulleres con discapacidade ou en situación de dependencia
Mónica García Freiría
Profesora axudante Doutora de Dereito Financeiro e tributario da Universidade de Vigo
18.30-19.00 h A fiscalidade do patrimonio protexido das persoas con discapacidade
Jaime Aneiros Pereira
Profesor titular de Dereito Financeiro e tributario da Universidade de Vigo.
19.00-20.30 h Mesa redonda: O Dereito Financeiro e as mulleres discapacidade
María Teresa Mories Jiménez
Catedrática de Dereito Financeiro e tributario da Universidad de Sevilla
María del Mar Soto Moya
Profesora titular de Dereito Financeiro e tributario da Universidad de Málaga
Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autonómo e Economía Social da Xunta de Galicia
Carmen Ruiz Hidalgo
Catedrática de Dereito Financeiro e tributario da Universidade de Vigo
Modera:
Prof.ª Dr.ª Ana María Pita Grandal
Catedrática de Dereito Financeiro e tributario da Universidade de Vigo
20.30-21.00 h Rolda aberta de intervencións
Premendo no botón pode descargarse o folleto da xornada