Xornada de Igualdade “A política fiscal e a erradicación da violencia contra as mulleres”
Celebrouse esta actividade baixo a dirección das profesoras doutoras da Universidade de Vigo, Carmen Ruíz Hidalgo –catedrática de Dereito Financeiro e Tributario– e Mónica Siota Álvarez –profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario–, coa colaboración de Mónica García Freiría –profesora axudante doutora de Dereito Financeiro e Tributario– encargada da coordinación mais da secretaría.
A organización foi responsabilidade da Área de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo e contou co patrocinio da Unidade de Igualdade da Universidade.
As persoas que asistiron a evento, a un mínimo do 80% das sesións e teñan cuberto a enquisa de satisfación, recibiron un diploma acreditativo. Aactividade estivo recoñecida con 0,2 créditos ECTS.
Programa
15.30 h Inauguración
- Prof.ª Dr.ª Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade
- Prof.ª Dr.ª Ana María Pita Grandal
Profesora emérita da Universidade de Vigo
16.00-18.00 h
Proxección da película: En tierra de hombres (North Country)
18.00-18.30 h
Sistema tributario, gasto público e violencia contra as mulleres
- Mónica García Freiría.
Profesora axudante doutora de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo
18.30-19.00 h
A función extrafiscal do tributo e a protección das vítimas de violencia de xénero
- Soraya Rodríguez Losada
Profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo
19.00-20.30 h
Mesa redonda: Políticas públicas e tributarias dirixidas a erradicar a violencia económica contra a muller e debate
- Prof.ª Dr.ª Yolanda García Calvente
Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad de Granada
- Dona Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autonómo e Economía Social da Xunta de Galicia
- Prof.ª Dr.ª Ana María Pita Grandal
Profesora emérita da Universidade de Vigo
- Prof.ª Dr.ª Carmen Ruíz Hidalgo
Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo
Modera:
- Prof.ª Dra. Mónica Siota Álvarez
Codirectora da xornada
20.30-21.00 h. Rolda aberta de intervencións