Seminario “Desafíos da tributación medio ambiental autonómica e local”
O xoves 18 de decembro, na aula de videoconferencias da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, celebrouse este seminario científico baixo a dirección de Luis Miguel Muleiro Parada e Mónica García Freiría, profesores de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
A Área de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo foi a organizadora do evento que se incardina dentro do proxecto “Os desafíos da reforma da financiación no marco xurídico da Unión Europea“, financiado polo Ministerio de Ciencias, Innovación y Universidades, a Agencia estatal de Investigación e cofinanciado pola Unión Europea. Tamén contou co Programa de Axudas financiado pola Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento de iniciativas investigadoras promovidas por persoal investigador dos Campus de Vigo e Pontevedra para o ano 2025 e mais coas axudas para a consolidación e estructuración de unidades de investigación competitivas nas universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia.
Programa
9.00-9.30 h Presentación
- Prof. Dr. Roberto Ignacio Fernández López. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Prof. Dr. Luis Miguel Muleiro Parada. Profesor titular de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Profa. Dra. Mónica García Freiría. Profesora axudante Doutora de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
9.30-11.00 h Mesa 1: Tributación medioambiental autonómica.
Presenta e modera: Prof. Dr. Roberto Ignacio Fernández López. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- O papel dos impostos ambientais na Facenda autonómica de Cataluña.
Rodolfo Rubén Salassa Boix. Profesor agregado de Dereito Financeiro e Tributario da Universitat Pompeu Fabra. - O concerto vasco e a tributación medioambiental propia.
Irune Suberbiola Garbizu. Profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad del País Vasco. - O canon estatal de residuos e a tributación autonómica sobre depósitos en vertedoiros e incineración.
Carmen Ruiz Hidalgo. Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo. - Os impostos turísticos autonómicos.
Luis Miguel Muleiro Parada. Profesor titular de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
11.00-12.30 h Mesa 2: Tributación medioambiental e Unión Europea.
Presenta e modera: Prof. Dr. Roberto Ignacio Fernández López. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Instrumentos de tarificación do carbono na UE. Álvaro Antón Antón.
Profesor titular de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad Cardenal Herrera CEU. - O principio de quen contamina paga e a incidencia da Unión Europea sobre a tributación verde.
Soraya Rodríguez Losada. Profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo. - O financiamento das políticas medioambientais autonómicas mediante tributos propios.
Juan Antonio Mosquera Pena. Xefe da Área de Inspección Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia. - As deducións autonómicas no IRPF para a sustentabilidade medioambiental.
Erea Fernández Ramírez. Doutoranda da área de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
12.30-14.00 h Mesa 3: Tributación medioambiental local.
Presenta e modera: Profa. Dra. Carmen Ruiz Hidalgo. Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- A nova taxa de recollida de residuos: un exemplo de federalismo fiscal asimétrico e de tributación circular?
Jaime Aneiros Pereira. Profesor titular de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo. - A incidencia da regulación europea e autonómica sobre unha posible reforma ambiental das Facendas Locais. A necesaria adaptación das Ordenanzas fiscais aos ODS. Mónica García Freiría.
Profesora axudante Doutora de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo. - Os obxectivos europeos e nacionais en materia de transición enerxética: o papel da tributación local. María del Carmen Cámara Barroso.
Profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad a Distancia de Madrid. - Financiación local e reto demográfico: situación actual e propostas para a PIE e a PICA.
José Francisco Sedeño López. Profesor axudante Doutor de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad de Málaga.
16.00-20.00 h Mesa 4: Debate e conclusións.
Interveñen:
- Prof. Dr. Roberto Ignacio Fernández López. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Profa. Dra. Carmen Ruiz Hidalgo. Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Prof. Dr. Jaime Aneiros Pereira. Profesor titular de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Prof. Dr. Luis Miguel Muleiro Parada. Profesor titular de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Profa. Dra. Soraya Rodríguez Losada. Profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Profa. Dra. Mónica García Freiría. Profesora axudante Doutora de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- Prof. Dr. Juan Antonio Mosquera Pena. Xefe da Área de Inspección Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia. Profesor asociado da UVigo.
- D. Diego Alonso de Abel. Profesor asociado da UVigo. Doutorando da área de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.
- D. Javier Freire Gallego. Profesor asociado da UVigo. Doutorando da área de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo
- Dª. Erea Fernández Ramírez. Profesora da UVigo. Doutoranda da área de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo.