Ir ao contido

Seminario “A administración pública e de xustiza: Intelixencia artificial, retos e desafíos”

O pasado 8 de xuño de 2026, de 16.00 a 21.00 h, o Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (campus de Vigo) acolleu un seminario sobre o impacto da intelixencia artificial na administración pública e de xustiza, con retransmisión tamén no Seminario de Dereito Procesual da Facultade de Dereito (campus de Ourense). A actividade, organizada polo Instituto Universitario de Investigación “Xustiza e Xénero” (IXEX) e a Universidade de Vigo, enmarcouse no Proxecto de Investigación INOU 2026 “Xustiza dixital inclusiva en Ourense” e contou co patrocinio da Deputación de Ourense.

O programa desenvolveuse en tres mesas que abordaron a automatización e garantías xurídicas da IA en España, unha visión comparada con Italia, e a IA na administración tributaria. O seminario rematou cunha mesa redonda sobre retos e oportunidades. A inscrición foi gratuíta.

Toda a información e programa completo no folleto do seminario [PDF, 0.5MB]: