A Área de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo, co patrocinio da Unidade de Igualdade, organiza unha xornada que ten como obxectivo analizar a intersección entre a fiscalidade e as mulleres con discapacidade ou en situación de dependencia. O evento, dirixido polas catedráticas Carmen Ruíz Hidalgo e Mónica Siota Álvarez, e coordinado polas profesoras Soraya Rodríguez Losada e Mónica García Freiría, inclúe a proxección da película Wildflower e unha mesa redonda con especialistas de varias universidades e institucións.
Durante a sesión abordaranse cuestións como os beneficios fiscais para a protección das mulleres con discapacidade e a fiscalidade do patrimonio protexido das persoas con discapacidade. A xornada rematará cunha rolda aberta de intervencións, favorecendo o diálogo entre as persoas asistentes e as relatoras.
Programa
-
15:30 h – Inauguración
-
16:00 – 18:00 h – Proxección da película Wildflower
-
18:00 – 20:30 h – Intervencións
-
18:00 – 18:30 h – Os beneficios fiscais para a protección das mulleres con discapacidade ou en situación de dependencia – Mónica García Freiría (Profesora axudante doutora de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo)
-
18:30 – 19:00 h – A fiscalidade do patrimonio protexido das persoas con discapacidade – Jaime Aneiros Pereira (Profesor titular de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo)
-
19:00 – 20:30 h – Mesa redonda: O Dereito Financeiro e as mulleres con discapacidade
-
María Teresa Mories Jiménez (Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad de Sevilla)
-
María del Mar Soto Moya (Profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario da Universidad de Málaga)
-
Marta Mariño Regueiro (Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia)
-
Carmen Ruiz Hidalgo (Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo)
-
Modera: Profa. Dra. Ana María Pita Grandal (Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Vigo)
-
20:30 – 21:00 h – Rolda aberta de intervencións
Información para as persoas asistentes
As persoas que asistan ao evento recibirán un diploma acreditativo, sempre que teñan asistido polo menos ao 80% da sesión. A comprobación de asistencia realizarase ao comezo e ao final da xornada.
A xornada tamén é posible seguila por medios telemáticos.