Ciclo de cinema “Cine e xustiza”. Proxección do filme Joy
Dentro do ciclo de cinema “Cine e xustiza” e con motivo do Día Internacional do Traballo, 1º de maio, proxéctase o filme Joy. O Instituto Universitario de Investigación “Xustiza e Xénero” é quen organiza a xornada que terá lugar o día 30 de abril de 2026, de 10.00 a 15.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
Esta xornada forma parte do ciclo de cinema “Cine e Xustiza” que terá lugar ao longo do ano 2026 e que dirixe Inés C. Iglesias Canle, directora do Instituto Universitario de Investigación “Xustiza e Xénero”.
O programa
10.00 h Inauguración
Prof.ª Dr.ª Inés Celia Iglesias Canle
Catedrática de Dereito Procesual da UVigo e Directora do Instituto Universitario de Investigación “Xustiza e xénero”
Prof.ª Dr.ª Mónica García Freiría
Profesora permanente laboral interina de Dereito Financeiro e tributario da UVigo e secretaria do IXEX
10.30-12.30 h Proxección da película: Joy
12.30-14.30 h Intervén:
Prof.ª Dr.ª Luz Ruibal Pereira
Catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela
14.30-15.00 h Rolda aberta de intervencións
O filme
Joy (2015) é un filme biográfico estadounidense de comedia-dramática dirixido por David O. Russell, e protagonizado por Jennifer Lawrence (Joy Mangano), Bradley Cooper (un executivo da Home Shopping Network), Robert De Niro (pai de Joy) e Édgar Ramírez (ex home de Joy).
Estreouse o 25 de decembro de 2015 no Estados Unidos de América, e o 8 de xaneiro de 2016 en Galicia, coa dobraxe en castelán.
O filme conta a historia de Joy, unha moza que vive cunha familia desestruturada, no mesmo fogar vive a súa avoa, a súa filla pequena, a súa nai, enganchada ás novelas televisivas, e seu pai, que vive no soto co exmarido de Joy, un home latino. Joy intenta sobrevivir e ter éxito e intenta lanzar a patente dunha orixinal fregona a través dunha teletenda.
Toda a xornada tamén pode seguirse por medios telemáticos