Xornada ” A conciliación familiar e laboral das mulleres dende o dereito tributario”
A Xornada “A conciliación familiar e laboral das mulleres desde o dereito tributario” está organizado pola Área de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo co financiamento da Unidade de Igualdade, esta xornada forma parte dun ciclo iniciado en 2018 que analiza as dificultades que as mulleres enfrontan para conciliar a vida familiar e laboral desde unha perspectiva fiscal, cunha ampla acollida entre o alumnado e o público asistente.
O comité organizador está dirixido por Carmen Ruiz Hidalgo (catedrática) e Mónica Siota Álvarez (profesora titular), ambas da Área de Dereito Financeiro e Tributario da UVigo. A coordinación corre a cargo de Soraya Rodríguez Losada e Mónica García Freiría, e a secretaría é desempeñada por Erea Fernández Ramírez, todos eles membros da mesma área.
A xornada poderá seguirse de forma presencial ou en liña a través de Campus Remoto (contrasinal: Dz4cuXP4). As persoas asistentes recibirán un diploma acreditativo se participan en polo menos o 80 % da sesión, e a actividade está recoñecida con 0,2 créditos ECTS. Para inscribirse, cómpre enviar un correo a xestion.proxecto.dereitotributario@uvigo.gal co nome, apelidos, DNI e titulación.
O programa inclúe, a partir das 15:30 h, a inauguración, a proxección da película “Cinco lobitos” ás 16:00 h, e dúas intervencións sobre deducións fiscais para a conciliación no IRPF (ás 18:00 e 18:30 h). Ás 19:00 h terá lugar unha mesa redonda sobre “Dereito tributario, conciliación e corresponsabilidade: unha tarefa pendente”, con especialistas de universidades e do sector empresarial, e a xornada rematará cunha quenda aberta de intervencións ás 20:30 h.
Toda a información no folleto publicado máis arriba na zona gris.