Aula Concepción Arenal. Facultade de Dereito. Ourense
Páxina principal
Desenvolvemos liñas de estudo e análise xurídico na vangarda da ciencia tributaria dedicando especial atención ás actividades de transferencia de resultados á sociedade e elaborando propostas normativas de mellora do sistema tributario no contexto da Unión Europea.
Liñas de investigación
Dereitos e garantías dos contribuintes fronte a Administración tributaria
Centrámonos na protección xurídica do cidadán fronte á Administración, especialmente no contexto internacional e dixital. [Ver máis]
Harmonización tributaria na Unión Europea
Estudamos a integración e coordinación dos sistemas fiscais dos Estados membros da Unión europea e analizamos os mecanismos de cooperación e intercambio de información para combater a elusión fiscal. [Ver máis]
Procedementos tributarios
O Grupo analiza as fases de xestión, inspección, recadación e o procedemento sancionador, e como as novas tecnoloxías impactan na aplicación destes procesos. [Ver máis]
Reforma do financiamento autonómico no marco xurídico da Unión Europea
Traballamos nun modelo que equilibre a corresponsabilidade fiscal coa solidariedade interterritorial. [Ver máis]
Réxime tributario das PEMES e da empresa familiar
Analízanse as particularidades fiscais destas entidades, estudando cuestións como os gastos deducibles, e a tributación mínima global entre outros. [Ver máis]
Tributación medioambiental
Investigamos a aplicación de tributos á sustentabilidade e aos recursos naturais, con especial atención á fiscalidade sobre a auga e a enerxía eólica en Galicia. [Ver máis]
Novas e eventos
Salón de graos. Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Vigo
Seminario “A administración pública e de xustiza: Intelixencia artificial, retos e desafíos”
Seminario “Desafíos da tributación medio ambiental autonómica e local”
Equipo

O noso grupo de investigación ten unha dedicación constante aos problemas teóricos e prácticos derivados do Dereito Tributario, un sector cambiante e complexo do ordenamento xurídico.